Xoan, on Aug 21 2006, 08:33 PM, said:
Tamén trocaría os «por defecto» por «predeterminado» ou «de xeito predeterminado» dependendo do contexto
Unho, eu coido que se di autenticación xa que vén de autenticar
Quote
Seguro que te manda a paseo
Saúdos ós dous que xa ía tempo...
PD: Unho, non me lembraba de que ti eras Leandro Regueiro hehe, eu fun quen che "acaparou" as traduzóns dos xogos do kde
Pasouseme o s. Púxeno coma unha suxerencia, ou orde, todo é cuestión de interpretación.
Saudos tamén a ti. Máis lle vale que nos faga caso, que ultimamente estase reactivando bastante a cousa en Trasno, ou iso me parece a min. Xa temos unha distribución ó 90%, KDE moi avanzado, GNOME case ó 90%...
Máis che vale que consigas un 90% nos xogos, senón vai haber leña
Ata logo.
Tesseract, on Aug 22 2006, 11:32 AM, said:
Logo tamén faltan algúns guions en segundas formas do artigo (van tal como están postas, engadindo só o guion):
- "Non redebuxa-los gráficos de estatísticas ó cambia-lo tamaño" (a segunda é a que falta)
- "Limpa-lo nome do arquivo"
- "Reconectar ó perde-la conexión"
Saúdos
Tamén se podería usar portarretallos, por unificar as traducións...
O das cadeas longas de máis tamén é culpa en parte dos de eMule, que deben previr estas situacións, pero se o tradutor pode acortar a tradución que o faga.
Este é o problema de que non usen Gettext, que o tradutor non pode ir mirando como queda a tradución porque para conseguir a libreria compilada ten que agardar a que Ornis+ faga o seu traballo. Intentei convencelo de que é mellor que cambien de sistema, pero dixo que era igual. Se algún de vós se anima que insista un pouco máis.
Ata logo,
Leandro Regueiro