Official eMule-Board: Galician - Official eMule-Board

Jump to content


  • (2 Pages)
  • +
  • 1
  • 2

Galician State: active and uptodate

#21 User is offline   unho 

  • Newbie
  • Pip
  • Group: Members
  • Posts: 9
  • Joined: 05-September 04

Posted 22 August 2006 - 12:13 PM

View PostXoan, on Aug 21 2006, 08:33 PM, said:

eu atopei uns cantos «espacio» por aí, na normartiva actual é «espazo» (por se che interesa modificalo...)
Tamén trocaría os «por defecto» por «predeterminado» ou «de xeito predeterminado» dependendo do contexto
Unho, eu coido que se di autenticación xa que vén de autenticar


Quote

Ola. Mellor ca comentar os erros, case sería mellor que comezaras a tradución outra vez dende cero e mirando cada cadea con moito tino. Suxiroche que te apuntes á lista do Proxecto Trasno para que che axudemos se o precisas http://trasno.net/trasno:lista

Seguro que te manda a paseo :-k

Saúdos ós dous que xa ía tempo...

PD: Unho, non me lembraba de que ti eras Leandro Regueiro hehe, eu fun quen che "acaparou" as traduzóns dos xogos do kde :bounce: :clap:


Pasouseme o s. Púxeno coma unha suxerencia, ou orde, todo é cuestión de interpretación.

Saudos tamén a ti. Máis lle vale que nos faga caso, que ultimamente estase reactivando bastante a cousa en Trasno, ou iso me parece a min. Xa temos unha distribución ó 90%, KDE moi avanzado, GNOME case ó 90%...

Máis che vale que consigas un 90% nos xogos, senón vai haber leña :P

Ata logo.

View PostTesseract, on Aug 22 2006, 11:32 AM, said:

Outra cousiña, "portapapeis" non leva til. :) O que tamén hai por ahí son algunhas cadeas de texto que son un chisco longas e non caben no sitio que teñen.

Logo tamén faltan algúns guions en segundas formas do artigo (van tal como están postas, engadindo só o guion):

- "Non redebuxa-los gráficos de estatísticas ó cambia-lo tamaño" (a segunda é a que falta)
- "Limpa-lo nome do arquivo"
- "Reconectar ó perde-la conexión"

Saúdos



Tamén se podería usar portarretallos, por unificar as traducións...
O das cadeas longas de máis tamén é culpa en parte dos de eMule, que deben previr estas situacións, pero se o tradutor pode acortar a tradución que o faga.

Este é o problema de que non usen Gettext, que o tradutor non pode ir mirando como queda a tradución porque para conseguir a libreria compilada ten que agardar a que Ornis+ faga o seu traballo. Intentei convencelo de que é mellor que cambien de sistema, pero dixo que era igual. Se algún de vós se anima que insista un pouco máis.

Ata logo,
Leandro Regueiro
0

#22 User is offline   jr9k 

  • Newbie
  • Pip
  • Group: Members
  • Posts: 8
  • Joined: 28-March 03

Posted 23 August 2006 - 11:34 AM

Ola!

View PostXoan, on Aug 21 2006, 06:33 PM, said:

Seguro que te manda a paseo :-k

Saúdos ós dous que xa ía tempo...


Non, non vou mandar a paseo a ninguén :D
Xa o fixen (moi por enriba) cando "herdei" a traducción e non teño problema en volver a facelo, pero ata outubro non poderei (¿son o único que non está de vacacións?). Conto coa vosa axuda, o de "espazo" ou "grazas" e novo para min (entre outras moitas cousas). Penso que tamén fedellaron coa segunda forma do artigo, pode non levar guión ¿non? (é curiosidade, vouno pór onde falta).

Algúns erros (letras cambiadas) xa están correxidos, coido que Ornis usou a versión incorrecta porque a última vez mandeille varias versións seguidas. O que pasa é que non se poden facer traduccións as catro da mañá.

Tesseract said:

O que tamén hai por ahí son algunhas cadeas de texto que son un chisco longas e non caben no sitio que teñen.

Xa o falei con Ornis hai meses, e foi tan amable de amplia-lo sitio dentro das posibilidades. A traducción dalgunhas cadeas está bastante "forzada" por este motivo. Se me indicades o sitio das que non caben tentarei comprimi-las máis.

Como traduzo cada versión antes de que saia, estouno facendo a cegas e con frecuencia non me lembro de comprobar despóis os cambios que fixen. O problema é que non estou usando a mula e cando o fago, non uso as funcións avanzadas que están engadindo.

Mañá terei lista a traducción da v0.48. Se queredes correxir máis cousas estamos a tempo (e despóis tamén, podo perdirlle a Ornis que compile as correccións en calquer momento.)

Saúdos!
0

#23 User is offline   Xoan 

  • Newbie
  • Pip
  • Group: Members
  • Posts: 4
  • Joined: 06-September 04

Posted 23 August 2006 - 12:51 PM

Outras cousas que vin, vou pondo a frase onde está e como creo que sería:

—Vexo que sempre usas til nas agudas que rematan en ditongo decrecente mais estas nunca levan, refírome a palabras coma despois, portapeis, recibiu...
—Houbo un erro mentres tratábase de descarga-lo arquivo -- Sería: Houbo un erro mentres se trataba de descarga-lo arquivo
—Seleccionar qué red(es) queres usar. --- sería: Seleccionar que rede(s) queres usar [os 'que' nunca se acentúan, non??]
—Erro de arquivo mentres se leía o server.met --- sería: Erro de arquivo mentres se lía o server.met
—Descripción- sería: descrición
—Click - coido que se adoita traducir sempre por clic
—Podes precisar borralo server.met e renombralo server.met.old a server.met - sería: Podes precisar borra-lo [aquí faría falla artigo??] server.met e renomealo server.met.old a server.met
—As direccións dos servidores poderíanse chamar enderezos?? Non estou seguro

A segunda forma do artigo segue a ser coma antes o que pasa é que antes dicían que que era recomendábel usala e agora din que non. Eu non lles faría caso a verdade non teñen moita idea (e a min góstame :P )

Saúdos
0

#24 User is offline   Tesseract 

  • Mule whisperer
  • PipPipPipPipPipPipPip
  • Group: Members
  • Posts: 3525
  • Joined: 03-May 04

Posted 23 August 2006 - 01:52 PM

View Postjr9k, on Aug 23 2006, 01:34 PM, said:

Como traduzo cada versión antes de que saia, estouno facendo a cegas e con frecuencia non me lembro de comprobar despóis os cambios que fixen. O problema é que non estou usando a mula e cando o fago, non uso as funcións avanzadas que están engadindo.

Mañá terei lista a traducción da v0.48.

Oes, ¿ti sabes que número vai levar a seguinte versión? <_< ¡Eu fago a tradución ao castelán e ninguén me chiva esas cousas! :P

Quote

Se me indicades o sitio das que non caben tentarei comprimi-las máis.

En Preferencias->Mostrar:
- "Estilo da barra de progreso". Sóbrache unha letra, así a ollo.
- "Retardo para a aparición dos globos". Cabe, pero queda un pouco apretado. Eu cortaría unha letriña.
- "Amosar barra de ferramentas adicional na fiestra de transferen...". Non sei o que segue, porque non se mira. :P
- "Non redebuxa-los gráficos de estatísticas o cambia-lo tamaño". Sobran un par de letras.

En Preferencias->Arquivos:
- "Engadir novos arquivos compartidos con prioridade automática". Sobran un par de letras.

Saúdos


Edito: por certo, non sei se coñeces o Resource Hacker. Vai ben para estas cousas, porque permite editar as dll. Colles a dll en cuestión, a editas, a compilas e podes ver o resultado no momento na mula. Non serve de nada para as cadeas novas, pero algunha vez foime de utilidade coas vellas.

This post has been edited by Tesseract: 23 August 2006 - 02:06 PM

Todo lo que me gusta es ilegal,
es inmoral,
o engorda...
0

#25 User is offline   unho 

  • Newbie
  • Pip
  • Group: Members
  • Posts: 9
  • Joined: 05-September 04

Posted 23 August 2006 - 04:28 PM

Por cousas coma que ti mesmo non podes recompilar a libreria de traducións é polo que prefiro usar gettext. Con gettext si que podes. Agora mesmo estou traducindo o Inskcape e en canto teño dúas cadeas traducidas doulle a gardar o ficheiro e xerame o .mo (a libreria) automáticamente. Cópioa ó directorio do programa e reinicio o programa, e xa está.

Procura usar ficheiro en vez de arquivo. Máis que nada porque en GNU/Linux hai unha gran diferencia entre os dous termos, e se alguén ven usar o GNU/Linux vindo dende Windows vaille parecer incomprensible (ou raro) que usemos ficheiro e non arquivo.

Insisto en que veñas a Trasno. Apúntate na lista. Instruccións aquí. Agora mesmo estamss ampliando o glosario de termos http://trasno.net/trasno:glosario. Pódeche ser de axuda. Ademais estivemos falando eu e mailo que se ocupa de traducir o aMule da posibilidade de que ti te encargues tamén do aMule, se queres. El tenche moito traballo.

Ata logo,
Leandro Regueiro
0

#26 User is offline   Tesseract 

  • Mule whisperer
  • PipPipPipPipPipPipPip
  • Group: Members
  • Posts: 3525
  • Joined: 03-May 04

Posted 11 December 2007 - 12:07 AM

Como a tradución ao galego levaba moito tempo parada acheguei as cadeas que faltaban por traducir aos admins.

This post has been edited by Tesseract: 11 December 2007 - 12:08 AM

Todo lo que me gusta es ilegal,
es inmoral,
o engorda...
0

#27 User is offline   unho 

  • Newbie
  • Pip
  • Group: Members
  • Posts: 9
  • Joined: 05-September 04

Posted 16 May 2008 - 12:38 PM

Ola, segue estando isto vivo??

Por certo, esta fin de semana tivemos unha xuntanza de tradutores de software libre entre voluntarios, empresas, a xunta e outra persoas interesadas. Información en http://wiki.mancomun.../index.php/G11n
0

  • Member Options

  • (2 Pages)
  • +
  • 1
  • 2

1 User(s) are reading this topic
0 members, 1 guests, 0 anonymous users